lunes, 11 de mayo de 2020

Hai 75 anos remata a II Guerrra Mundial

Sara Flores Martín, alumna de 2º D Bach, escribiu esta pequena reflexión sobre a II Guerra Mundial. Se queredes máis información sobre o tema convídovos a vistar esta páxina, obra tamén de Sara. 

Neno entre as ruínas de Varsovia
Fonte. 
Durante estes días se están sucedendo actos conmemorativos por todo o mundo a causa dos 75 anos dende o fin da II Guerra Mundial e en homenaxe a todas as vítimas do que é considerado o maior e máis sanguento conflito na historia da humanidade. Cando falamos da II GM, non só falamos de batallas e estratexias. Falamos dunha guerra que resultou, por desgraza, pioneira. Mentres homes e mulleres da práctica totalidade dos países combatían a favor dos seus intereses no campo de batalla, perpetuando a imaxe típica do que entendemos como guerra, na retagarda estaban sufrindo as consecuencias da guerra quen nunca antes se vira tan implicada: a poboación civil. Estamos falando dunha guerra na que morreron millóns de inocentes en bombardeos e na que o réxime Nazi exterminou a máis de 6 millóns de xudeus e miles de discapacitados, homosexuais, xitanos etc. en campos de traballo e exterminio. Se utilizaron armas nucleares por primeira (e afortunadamente única) vez na historia e o fin da guerra supuxo o inicio do mundo no que vivimos. EEUU se afianzou como a potencia que sigue sendo hoxe en día e se creou a ONU, para garantir que nunca máis puidese ocorrer tal desgraza. Entender este conflito nos leva a comprender por que estamos onde estamos, e a reflexionar acerca de que podería ter pasado se os gañadores tiveran sido outros.