Os grandes éxitos editoriais dos últimos anos acadados por publicacións de temática histórica como Homo Sapiens: de animales a dioses e Homo Deus, breve historia del mañana de Yuval Noah Harari, animaron o novo proxecto de novela gráfica co obxectivo de chegar a un público aínda máis numeroso. Neste enlace podes acceder ó artigo publicado o 16 de novembro en Semana
lunes, 16 de noviembre de 2020
domingo, 11 de octubre de 2020
Campos de concentración na ditadura franquista
Días despois de iniciada a Guerra Civil Española, concretamente o 20 de xullo de 1936, Franco pedíalle ós seus xenerais que "organizasen campos de concentración con los elementos perturbadores, que emplearán en trabajos públicos, separados de la población". En xuño de 1937 creábase a Inspección General de los Campos de Concentración de Prisioneros (ICCP) para centralizar e coordinar a xestión dos múltiples campos habilitados en prazas de touros, estadios de fútbol. mosteiros ou colexios de toda España e polos que pasaron cerca de 200.000 internos. Neste mapa figuran once concellos de Galicia nos que se instalaron ata 13 campos de concentración. Á marxe deles creáronse outras instalacións que, con distintas denominacións (cárceres, penais, calabozos, prisións provisionais…), dedicáronse ó confinamento e castigo de presos políticos e prisioneiros de guerra. Un destes campos de concentración foi o do Colexio dos Xesuítas, no barrio do Pasaxe, en Camposancos (A Guarda), que comenzou a funcionar en outubro de 1937. A tropa que vixiaba ós presos consistía nun destacamento do Rexemento de Infantería Mérida nº 35 con base no cuartel de san Sebastián (Vigo) que se instalou, antes de pasar a dependencias do interior do campo, nunha casa próxima confiscada á empresa Serrarías do Miño S.A. A capacidade do campo estableceuse en 868 homes, pero a realidade é que acolleu a moitos máis (en decembro de 1937 había 1.129 presos asturianos, en 1938, 1.434). O total de presos (residentes, falecidos, fusilados e paseados) que pasaron por el desde abril de 1938 ata o seu peche oficial en 1942 foi, cando menos de 4.665 persoas. Uris Guisantes, J. A. Campos de concentración de presos e presentados (inédito) Uris Guisantes, J. A. A rebelión militar de 1936 (inédito) https://www.lugaresconhistoria.com/los-campos-de-concentracion-del-franquismo
lunes, 11 de mayo de 2020
Hai 75 anos remata a II Guerrra Mundial
Sara Flores Martín, alumna de 2º D Bach, escribiu esta pequena reflexión sobre a II Guerra Mundial. Se queredes máis información sobre o tema convídovos a vistar esta páxina, obra tamén de Sara.
![]() |
| Neno entre as ruínas de Varsovia Fonte. |
sábado, 25 de abril de 2020
Terra da Fraternidade
A
canción do Zeca Afonso “Grândola, Vila Morena” retransmitida
por Radio Renascença na media noite do 25 de abril de 1974 foi o
sinal que confirmaba o comezo da Revolução
dos Cravos. O levantamento dos militares das
MFA (Militares das Forças Armadas),
apoiado polas
xentes
que nas
rúas reparten
caraveis entre os soldados,
poñía fin ó “Estado Novo” portugués.
O
ditador, Marcelo
Caetano, continuador
do réxime iniciado en
1933 por Oliveira Salazar, entregaba
o poder a unha Junta
de Salvação Nacional que conducirá a transición cara ó
réxime democrático
da actual III República portuguesa.
miércoles, 22 de abril de 2020
I República Galega
A primeira República Galega foi declarada o 27 de xuño do 1931 e tivo unha curta duración, apenas unhas horas xa que o resto de comarcas decidiron non apoiar este feito.
O 28 de xuño de 1931 estaban convocadas unhas eleccións a Cortes Constituíntes da II República Española pero a poboación galega estaba moi descontenta debido a que o Goberno paralizara as obras do ferrocarril que ía seguir a liña Zamora-Ourense-Coruña. Non obstante, a II República fora ben recibida polas masas populares que celebraron varias concentracións en apoio. Así mesmo, Vigo foi unha das primeiras cidades de todo o Estado en izar a bandeira republicana. Todo este entusiasmo disípase coa paralización das obras do ferrocarril, este permitiría establecer conexións entre a meseta castelá e Galicia por exemplo, a exportación de produtos a Madrid. Ata o momento era moi complicado pola dificultosa orografía montañosa galega.
Varias manifestacións son convocadas, unha delas é a de Ourense onde o 25 de xuño do 1931 os manifestantes ocupan a Casa do Concello, erguen a bandeira galega e proclaman publicamente a República Galega. Así a todo, Miguel Maura, ministro da Gobernación, e o Gobernador Civil da Provincia de Ourense negaron estes acontecementos á prensa.
Na Pobra de Seabra tamén se celebrou unha manifestación onde se izou a bandeira galega na Casa Consistorial.
O malestar entre o pobo seguiu acrecentándose tanto polo crecente caciquismo como polas obras paralizadas do ferrocarril. Entón na xornada do 27 de xuño convocouse outra manifestación pero esta vez en Santiago. Alonso Ríos coa axuda de Pedro Couceiro é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega onde unha multitude avanzou cara o Pazo de Raxoi e tomou as dependencias municipais esixindo a renuncia do alcalde e dos concelleiros e declarando así, o Estado Galego.
Unhas horas depois chegaba un telegrama do Goberno onde se comprometía a retomar a obra do ferrocarril facendo así que a Primeira República Galega sexa un efémero episodio da nosa historia.
domingo, 5 de abril de 2020
Al Alba, de Aute, un dos temas da Transición
Os informativos destes días deixaron un oco na crónica loitosa provocada polo dichosobicho para informar do falecemento do cantautor Luis Eduardo Aute, autor, entre moitos dun
dos tremas da Transición titulado Al Alba. Nos estertores do franquismo, en setembro de 1975, Franco asinaba ás últimas penas de morte á que foran condenados en consello de guerra dous membros de ETA e tres do FRAP. O “fío da gadaña” segaría as vidas dos penados a pesares da forte oposición internacional, nunha madrugada de finais de setembro. A letra da canción de Aute non fala expresamente de condenas a morte nin de consellos de guerra. Disfrazada con continuas metáforas para non levantar as sospeitas da censura, esta canción de desamor agochaba a denuncia do “maldito baile de mortos” nun réxime que tamén agonizaba aínda que “o día que se aveciñaba
viñera con fame
atrasada”. Antes de que rematase o ano Rosa María León poñíalle voz a este tema que logo
tamén incluirá Luís Eduardo Aute na súa discofrafía. Máis información
jueves, 2 de abril de 2020
Investigar sen saír da casa
![]() |
| Vista aérea Monte Trega |
Nesta entrada quixera achegarvos un destes portais de acceso a un arquivo dixital: ATOPO. Pertence a Deputación de Pontevedra que hai uns días abriu o acceso a numerosa documentación da provincia e por suposto tamén da Guarda. Podedes buscar documentos de texto, fotos, imaxes ou publicacións relacionados con algún tema que vos interese. Sen movervos do sofá probade a buscar, curioseade a ver que documentos hai, e se encontrades algo de interese, compartídeo.
miércoles, 25 de marzo de 2020
Repaso da evolución dos reinos cristiáns peninsulares
Neste vídeo podedes repasar o proceso de formación e consolidación dos reinos cristiáns peninsulares na Idade Media, a súa organización política, as actividades económicas predominantes na Coroa de Castela e na de Aragón así como as características da arte mozárabe, cuestións todas elas xa traballadas na clase en semanas anteriores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


