sábado, 27 de abril de 2013

Acorazado Potemkim

Esta película (1925) de Sergei M. Eisenstein está basada en feitos históricos acontecidos no buque de guerra ruso Potenkim cando a protesta da tripulación polo subministro de carne podrida se transforma nunha manifestación no porto de Odessa (no mar Negro, na actual Ucrania) reprimida brutalmente pola garda cosaca.

jueves, 18 de abril de 2013

Propaganda na II Guerra Mundial

Os personaxes de Disney -O Pato Donald, Popeye, Superman-, estiveron ó servizo da propaganda oficial durante a 2ª Guerra Mundial. Ahí van algúns exemplos e podes ver outros nesta páxina.
Neste video o lobo feroz milita nas filas nazis (brazalete cunha esvástica, maleta que tamén leva o devandito símbolo e gorra militar moi similar ás que se usaba nos uniformes de Alemaña entre 1933 e 1945). Incluso espeta uns berros que recordan os discursos propagandísticos de Hitler.

No seguinte curto de animación Der Fuehrer's Face (1943) o Pato Donald soña que vivía baixo o xugo do réxime nazi e estaba escravizado nunha liña de produción de armamento. Afortunadamente para el todo resulta ser un mal sono e segue vivindo en liberdade nos Estados Unidos.

jueves, 11 de abril de 2013

Modificación do mapa de Europa, 1919

Cambios territorais ó rematar a I Guerra Mundial
Nestes dous mapas podes comparar os cambios territoriais xurdidos coa firma dos Tratados de paz de París en 1919 e coa firma do Tratado de Brest Litovsk con Rusia. Os cambios máis significativcos foron:
- Desintégrase o Imperio Austro Húngaro
- Créase Checoslovaquia
- Créase Iugoslavia
- Constitúese Polonia con territorios cedidos polos tres Imperios
- Desintégrase o Imperio ruso: independencia de Finlandia, Estonia, Letonia e Lirtuania
- Desaparece o Imperio Alemán que cede territorios a outros estadsos. Ademais Prusia Oriental quedaba separada do resto de Alemaña polo Corredor de Danzig
- Alasacia e Lorena quedan incorporadas a Francia