jueves, 18 de abril de 2013

Propaganda na II Guerra Mundial

Os personaxes de Disney -O Pato Donald, Popeye, Superman-, estiveron ó servizo da propaganda oficial durante a 2ª Guerra Mundial. Ahí van algúns exemplos e podes ver outros nesta páxina.
Neste video o lobo feroz milita nas filas nazis (brazalete cunha esvástica, maleta que tamén leva o devandito símbolo e gorra militar moi similar ás que se usaba nos uniformes de Alemaña entre 1933 e 1945). Incluso espeta uns berros que recordan os discursos propagandísticos de Hitler.

No seguinte curto de animación Der Fuehrer's Face (1943) o Pato Donald soña que vivía baixo o xugo do réxime nazi e estaba escravizado nunha liña de produción de armamento. Afortunadamente para el todo resulta ser un mal sono e segue vivindo en liberdade nos Estados Unidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario