lunes, 18 de febrero de 2013

Poboamento rural e urbano


POBOAMENTO RURAL

TIPOS DE POBOAMENTO
O poboamento rural comprende, en sentido amplo, as poboacións menores de dez mil habitantes. Os núcleos de dous a dez mil habitantes poden considerarse semiurbáns. Hai dous grandes tipos de poboamento rural: disperso, no que a casa rural está rodeada de campos de cultivo, bosque ou prados e separada doutras casas; e o concentrado, cando as vivendas se dispoñen unhas xunto a outras, sen relación coa localización das respectivas terras de cultivo, pasto ou bosque. A modalidade de poboamento disperso intercalar consiste nunha dispersión de casas a partir de primitivos núcleos de poboación concentrados, cos que todas as casas manteñen relacións relixiosas, sociais e administrativas ou comerciais.
A) Concentrado - B) disperso - C) Intercalar

VIVENDA RURAL
Existe unha gran variedade de vivendas rurais tradicionais. Polos materiais empregados na construción, normalmente os que abundan na zona, atópanse:
- Casas de pedra, en Galicia, Montes de León, Asturias, Perineos, Estremadura e Baleares
- Casas de madeira tramada, nas que a estrutura se proxecta ó exterior e se enchen con mampostería ou ladrillo. No País Vasco, A Alcarria (Guadalajara, Castela-A Mancha) e na provincia de Segovia (Castela-León).
- Casas de barro, mesturado con palla, en forma de adobe: Gran parte da meseta, vales do Douro e Ebro, e horta de Valencia (barracas)
Pola distribución dos espazos nas casas, en función das actividades agrarias e de vivenda, distínguese:
A casa-bloque, con todas as dependencias baixo o mesmo teito: o caserío vasco, a casona asturiana e cántabra. A casa composta, integrada por varios edificios en torno a un patio interior pechado ou composto, como a masía catalá e o cortijo andaluz.





ARQUITECTURA POPULAR GALEGA 
Neste vídeo do Proxecto Terra podes adentrarte na tipoloxía das vivendas rurais galegas e nos materiais construtivos empregados.

Accede á páxina do Proxecto Terra para visualizar outros vídeos sobre arquitectura popular galega.











POBOAMENTO URBANO  


AGLOMERACIÓNS URBANAS
Área metropolitana. Formada por unha cidade principal (metrópole) e vilas administrativamente independentes (cidades satélite) entre as que existen importantes relación económicas e sociais (París, Londres, Madrid...)
Principais conurbacións en España
Conurbación. É un conxunto de cidades próximas e fisicamente unidas formadas por un crecemento paralelo nas que no destaca un núcleo principal. Ex. Liverpool-Manchester en Gran Bretaña, Rotterdam e Amsterdam nos Países Baixos
Megalópoles. É un área urbana formada pola sucesión de diversos tipos de aglomeración: cidades, área metropolitana, conurbación. Destacan as da costa nordeste dos EEUU desde Boston a Washington e a rexión de Toquio no Xapón.





TOKIO: EXEMPLO DE MEGALÓPOLE
 

CIDADES ABANDONADAS

TIPOS DE PLANOS URBANOS
Os espazos construídos e a disposición dos edificios configuran distintos planos urbanos:
Plano ortogonal ou hipodámico: Predominan as líñas rectas no trazado das rúas que se cortan perpendicularmente formando cuadrículas. A orixe deste plano remóntase á antiga Grecia sendo Hipódamo de Mileto quen organizou o crecemento desta cidade segundo este plano ordenado.Plano radiocéntrico organizase en torno a un punto central desde onde parten as rúas principais en forma de radios. Outras rúas dispóñense en forma de círculos concéntricos. A súa orixe adoita ser medieval nacidas ó redor dunha praza, un castelo ou unha igrexa. O trazado das grandes vías circulares correspóndese xeralmente co trazado das sucesivas murallas construidas en cada época.Plano lineal: as rúas trázanse de forma perpendicular a unha vía de circulación importante. Seguen este plano as cidades orixinadas ó longo do Camiño de Santiago e ensanches planificados como a Cidade Lineal de Madrid.Plano irregular: as rúas son estreitas, sinuosas e laberínticas, sen planificación previa. O trazado é irregular con rúas de diferente anchura, moitas veces sen saída (adarves). Esta disposición obseévase frecuentemente nos cascos antigos das cidades.
 

 

ESTRUTURA URBANA
O espazo urbano é resultado do desenvolvemento histórico. Diferencianse os seguintes espazos:
- Casco antigo. É a parte da cidade urbanizada desde a súa orixe ata a industrialización na que se sitúan os edificios históricos relixiosos e civís. O plano soe ser irregular e a trama densa, con recinto amurallado.
- Ensanche. É a area urbana correspondente á ampliación das cidades desde a industrialización ata mediados do século XX. O plano é regular, sepárase do casco histórico por rondas (rúas amplas que ocupan o lugar da antiga muralla) e concibíronse como áreas residenciais destinadas fundamentalmente á burguesía.
- Periferia. É a parte da cidade correspondente ó crecemento demográfico da 2ª metade do XX. É un sector moi heteroxéneo pois inclúe areas residenciais destinadas a distintos grupos sociais, áreas industriais, áreas de equipamento ou servizos.

CIDADES DO FUTURO
­ ­ ­ ­
No 2050, o 75% da poboación vivirá en grandes urbes. As smarts cities ou cidades intelexentes estarán controladas pola tecnoloxía e o uso sosteñible da enerxía. Nesta reportraxe realizada polo progrma de TVE  Informe Semanal recóllense algíns espazos urbanos onde a renovación de infraestruturas permitiu desenvolver solucións para axilizar o trafico e determinados servizos.
Smart city: cidades do futuro


MORFOLOXÍA URBANA
É a forma ou aspecto externo que presenta unha cidade resultado da súa evolución deste a súa orixe ata as funcións que desempeña nun momento concreto. Na seguinte presentación recolle os aspectos máis interesantes a ter en conta para analizar a morfiloxía dunha cidade:
 

ACTIVIDADES 

COMENTARIO DUN PLANO URBANO
 
Comentario del Plano Urbano from Isaac Buzo

PLANO DE VITORIA 

Ver mapa más grande

Accede a un encrucillado sobre as cidades máis importantes da Historia desde este enlace
Actividades cidades

miércoles, 13 de febrero de 2013

O mundo vía Vigo

En 1873 a Eastern Telegraph Company comezou a intalar en Vigo o cable submariño, o cable inglés, polo que circularían mensaxes cifrados enormemente importantes rumbo a América e a Oriente nos momentos previos ó inicio da Segunda Guerra Mundial. Segundo Cabanelas, autor de Via Vigo foron tamén os ingleses os que trouxeron daquela o fútbol a Vigo, antes que a Rio Tinto como afirman outros investigadores. Neste artigo publicado en El País podes ampliar a información.
 

lunes, 11 de febrero de 2013

Aplicacións para android

Descarga no teu móbil ou accede desde o enlace a estas interesantes aplicacións útiles para a Xeografía.
Xogo para aprender as provincias e comunidades con varios niveis de dificultade
Aplicación para repasar datos xeográficos, situación, datos de poboación de calquera país do mundo
Códigos QR / Qr Codes
Xogo que consiste en pinchar o máis cerca posible do lugar solicitados
Códigos QR / Qr Codes
Xogo de preguntas para aprender países, capitais e bandeiras
Códigos QR / Qr Codes

Aprende Xeografía


XEOGRAFÍA FÍSICA DE EUROPA
Accede a estas páxinas para repasar Xeografía:
CADEAS MONTAÑOSAS
RÍOS DE EUROPA 
MARES DE EUROPA
REXIÓNS DE EUROPA 
ILLAS DE EUROPA
LAGOS DE EUROPA
PENÍNSULAS DE EUROPA
ESTREITOS DE EUROPA
VOLCÁNS DE EUROPA


juegos de geografia Ciudades de Espana juegos de geografia Provincias de España juegos de geografia Ciudades de Espana Junior juegos de geografia Ciudades de Europa Junior juegos de geografia Ciudades de Europa
juegos de geografia Ríos de España




Máis xogos