POBOAMENTO RURAL
TIPOS DE POBOAMENTO
TIPOS DE POBOAMENTO
O poboamento rural comprende, en sentido amplo, as poboacións menores de dez mil habitantes. Os núcleos de dous a dez mil habitantes poden considerarse semiurbáns. Hai dous grandes tipos de
poboamento rural: disperso, no que a casa rural está rodeada de campos
de cultivo, bosque ou prados e separada doutras casas; e o concentrado,
cando as vivendas se dispoñen unhas xunto a outras, sen relación coa
localización das respectivas terras de cultivo, pasto ou bosque. A modalidade de poboamento
disperso intercalar consiste nunha dispersión de casas a partir de
primitivos núcleos de poboación concentrados, cos que todas as casas manteñen
relacións relixiosas, sociais e
administrativas ou comerciais.
VIVENDA RURAL.
Existe unha
gran variedade de vivendas rurais tradicionais. Polos materiais
empregados na construción, normalmente os que abundan na zona, atópanse:
- Casas de pedra, en Galicia,
Montes de León, Asturias, Perineos, Estremadura e Baleares
- Casas de madeira tramada, nas
que a estrutura se proxecta ó exterior e se enchen con mampostería ou ladrillo.
No País Vasco, A Alcarria (Guadalajara, Castela-A Mancha) e na provincia de
Segovia (Castela-León).
- Casas de barro, mesturado con
palla, en forma de adobe: Gran parte da meseta, vales do Douro e Ebro, e horta
de Valencia (barracas)
Pola distribución dos
espazos nas casas, en función das actividades agrarias e de vivenda,
distínguese:
A casa-bloque, con todas
as dependencias baixo o mesmo teito: o caserío vasco, a casona asturiana e
cántabra. A casa composta, integrada por varios edificios en torno a un
patio interior pechado ou composto, como a masía catalá e o cortijo andaluz.
ARQUITECTURA POPULAR GALEGA
ARQUITECTURA POPULAR GALEGA
Neste vídeo do Proxecto Terra podes adentrarte na tipoloxía das vivendas rurais galegas e nos materiais construtivos empregados.
Accede á páxina do Proxecto Terra para visualizar outros vídeos sobre arquitectura popular galega.POBOAMENTO URBANO
AGLOMERACIÓNS URBANAS
Área metropolitana. Formada por unha cidade principal (metrópole)
e vilas administrativamente independentes (cidades satélite) entre as que
existen importantes relación económicas e sociais (París, Londres,
Madrid...)
![]() |
| Principais conurbacións en España |
Conurbación. É un conxunto de cidades próximas e fisicamente
unidas formadas por un crecemento paralelo nas que no destaca un núcleo
principal. Ex. Liverpool-Manchester en Gran Bretaña, Rotterdam e Amsterdam nos
Países Baixos
Megalópoles. É un área urbana formada pola sucesión de diversos tipos
de aglomeración: cidades, área metropolitana, conurbación. Destacan as da costa
nordeste dos EEUU desde Boston a Washington e a rexión de Toquio no Xapón.
TOKIO: EXEMPLO DE MEGALÓPOLE
CIDADES ABANDONADAS
TIPOS DE PLANOS URBANOS
Os espazos
construídos e a disposición dos edificios configuran distintos planos
urbanos:
Plano ortogonal ou
hipodámico: Predominan as líñas rectas no trazado das rúas que se cortan
perpendicularmente formando cuadrículas. A orixe deste plano remóntase
á antiga Grecia sendo Hipódamo de Mileto quen organizou o crecemento
desta cidade segundo este plano ordenado.Plano radiocéntrico
organizase en torno a un punto central desde onde parten as rúas
principais en forma de radios. Outras rúas dispóñense en forma de
círculos concéntricos. A súa orixe adoita ser medieval nacidas ó redor
dunha praza, un castelo ou unha igrexa. O trazado das grandes vías
circulares correspóndese xeralmente co trazado das sucesivas murallas
construidas en cada época.Plano lineal: as rúas trázanse de forma
perpendicular a unha vía de circulación importante. Seguen este plano as
cidades orixinadas ó longo do Camiño de Santiago e ensanches planificados como
a Cidade Lineal de Madrid.Plano irregular: as rúas son estreitas, sinuosas e laberínticas,
sen planificación previa. O trazado é irregular con rúas de diferente
anchura, moitas veces sen saída (adarves). Esta disposición obseévase
frecuentemente nos cascos antigos das cidades.
ESTRUTURA URBANA
- Casco antigo. É a parte da cidade urbanizada desde a súa orixe ata a industrialización na que se sitúan os edificios históricos relixiosos e civís. O plano soe ser irregular e a trama densa, con recinto amurallado.
- Ensanche. É a area urbana correspondente á ampliación das cidades desde a industrialización ata mediados do século XX. O plano é regular, sepárase do casco histórico por rondas (rúas amplas que ocupan o lugar da antiga muralla) e concibíronse como áreas residenciais destinadas fundamentalmente á burguesía.
- Periferia. É a parte da cidade correspondente ó crecemento demográfico da 2ª metade do XX. É un sector moi heteroxéneo pois inclúe areas residenciais destinadas a distintos grupos sociais, áreas industriais, áreas de equipamento ou servizos.
CIDADES DO FUTURO
No 2050, o 75% da poboación vivirá en grandes urbes. As smarts cities ou cidades intelexentes estarán controladas
pola tecnoloxía e o uso sosteñible da enerxía. Nesta reportraxe realizada polo progrma de TVE
Informe Semanal recóllense algíns espazos urbanos onde a renovación
de infraestruturas permitiu desenvolver solucións para
axilizar o trafico e determinados servizos.Smart city: cidades do futuro
MORFOLOXÍA URBANA
É a forma ou aspecto externo que presenta unha cidade resultado da súa evolución deste a súa orixe ata as funcións que desempeña nun momento concreto. Na seguinte presentación recolle os aspectos máis interesantes a ter en conta para analizar a morfiloxía dunha cidade:
ACTIVIDADES
COMENTARIO DUN PLANO URBANO
Ver mapa más grande
Accede a un encrucillado sobre as cidades máis importantes da Historia desde este enlace
Actividades cidades



No hay comentarios:
Publicar un comentario