domingo, 11 de octubre de 2020
Campos de concentración na ditadura franquista
Días despois de iniciada a Guerra Civil Española, concretamente o 20 de xullo de 1936, Franco pedíalle ós seus xenerais que "organizasen campos de concentración con los elementos perturbadores, que emplearán en trabajos públicos, separados de la población". En xuño de 1937 creábase a Inspección General de los Campos de Concentración de Prisioneros (ICCP) para centralizar e coordinar a xestión dos múltiples campos habilitados en prazas de touros, estadios de fútbol. mosteiros ou colexios de toda España e polos que pasaron cerca de 200.000 internos. Neste mapa figuran once concellos de Galicia nos que se instalaron ata 13 campos de concentración. Á marxe deles creáronse outras instalacións que, con distintas denominacións (cárceres, penais, calabozos, prisións provisionais…), dedicáronse ó confinamento e castigo de presos políticos e prisioneiros de guerra. Un destes campos de concentración foi o do Colexio dos Xesuítas, no barrio do Pasaxe, en Camposancos (A Guarda), que comenzou a funcionar en outubro de 1937. A tropa que vixiaba ós presos consistía nun destacamento do Rexemento de Infantería Mérida nº 35 con base no cuartel de san Sebastián (Vigo) que se instalou, antes de pasar a dependencias do interior do campo, nunha casa próxima confiscada á empresa Serrarías do Miño S.A. A capacidade do campo estableceuse en 868 homes, pero a realidade é que acolleu a moitos máis (en decembro de 1937 había 1.129 presos asturianos, en 1938, 1.434). O total de presos (residentes, falecidos, fusilados e paseados) que pasaron por el desde abril de 1938 ata o seu peche oficial en 1942 foi, cando menos de 4.665 persoas. Uris Guisantes, J. A. Campos de concentración de presos e presentados (inédito) Uris Guisantes, J. A. A rebelión militar de 1936 (inédito) https://www.lugaresconhistoria.com/los-campos-de-concentracion-del-franquismo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario