Os
máis de 7.000 millóns de persoas que habitamos a Terra estamos
distribuídos irregularmente pola súa superficie: case a metade
(56%) está en Asia; unha gran maioría repártese nunha franxa
relativamente estreita entre os trópicos e cada vez máis en cidades
(53%). Os países máis poboados -China e India- teñen máis
habitantes (uns 2.600 millóns) que América, África e Europa xuntos
(2.560 millóns).
Como
sería un mapamundi no que a terra emerxida se dividira en 665
“distritos” igualmente poboados, de entre 10 e 11 millóns de
persoas? Este curioso experimento levouno a cabo un afeccionado á
xeografía. O mapamundi resultante, ademais de responder á
pregunta anterior, permite apreciar de forma moi intuitiva as
densidades de poboación das distintas rexións do globo terráqueo.




No hay comentarios:
Publicar un comentario