Blog de recursos de Xeografía e Historia do IES A Sangriña da Guarda (Pontevedra)
miércoles, 1 de mayo de 2013
Condicións de traballo nas fábricas do téxtil
Abrazo final. Fotografía de Taslima Akhter. En lightbox.time.com
Un dos temas que abarcamos ó longo deste curso foi o que titulabamos "os movementos obreiros". Describiamos as condicións de vida dos traballadores das fábricas británicas decimonónicas e as distintas formas nas que os obreiros se organizaron na defensa dos seus intereses. Despois de ver como hai uns días -24 de abril- se desplomaba en Dacca (Bangladesch) un edificio de oito plantas no que traballan diariamente unhas 4000 persoas dedicadas á produción téxtil para marcas occidentais, entre elas algunhas españolas, semella que as demandas daqueles traballadores son na actualidade totalmente válidas. En Dacca morreron, segundo os datos oficiais, 405 persoas e 149 permanecen baixo os escombros. Unha nova traxedia nas vísperas deste 1º de maio instaurado para homanexear a aqueles que en Chicago defendían no 1886 a xornada laboral de 8 horas. A Historia repítese e non aprendemos nin queremos aprender.
Cuatro detenidos por el derrumbe mortal de una fábrica en Bangladesh
No hay comentarios:
Publicar un comentario