OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA
OLARÍA E PAN NO CASTRO DE STA TREGA - A GUARDA
O sábado 25 de maio celebrarase no monte Santa Trega a II edición dos obradoiros de Arqueoloxía baixo o título “COCER, FERMENTAR E AMASAR. A
actividade central consistirá na cocción de reproducións de pezas
cerámicas atopadas nas escavacións do castro usando as técnicas de hai
2000 anos. O proceso durará todo o día e estará controlado por Tomás
López, oleiro de Gundivós. Comezarse cara as 11:00 da mañá asentando o
forno e enfornando as pezas, para pasar despois a temperalas acendendo o
lume. Rematarase entre as 18:00 e 19:00 da tarde co desenfornado.
Ademais
tanto nenos coma adultos poderán participar nos obradoiros de modelado e
fabricación de cerámica castrexa e de elaboración de pan no que
aprenderanse as técnicas de moenda, amasado e cocedura do pan usados nos
castros. A asistencia é libre, non é necesario apuntarse e estarán
abertos de 12 a 14h e de 17 a 19h.
Os
obradoiros estarán organizados polo concello da Guarda e o Padroado
municipal Monte Santa Trega, coa colaboración do Grupo de Estudos do NW
Ibérico da Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Terra
Termarum de Cuntis e a Empresa de olaría Figulus de Gundivós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario